Site icon Crónica3.com A Mariña

Festival solidario Lugo Rock na Sala Castelao

A Sala Castelao será a encargada este sábado, 8 de xuño, de acoller unha nova edición do festival solidario Lugo Rock. Os beneficios destinaránse á Cruz Vermella que este ano os dedicará á compra de kits de limpeza e hixiene para as familias en dificultades que teñen nenos en idade escolar. O festival celebraráse a partir das 22:00 horas do sábado e a súa entrada terá un custe de 5 euros que inclúe un boleto para o ‘Sorteo del Oro’. As catro bandas lucenses que participarán nesta fiesta solidaria son Ocean´s Garden, Maldia, Ripper Ground e Ever Dream. Tamén se realizarán varios sorteos de premios donados por diferentes entidades colaboradoras.

Exit mobile version