“Despois de dez anos de irmandamento hai uns lazos importantes e en Trégastel sempre nos reciben con moita amabilidade tanto as autoridades como os veciños. Procuramos vernos polo menos unha vez ao ano, ou alí ou aquí”, comentou o rexedor municipal focense, quen agradeceu a presenza no acto do alcalde de Trégastel, Xavier Martin, e do presidente do irmandamento, André Squerren, que “dedicaron unhas palabras emocionadas a Foz”. No acto tamén participou o representante do irmandamento no municipio focense, que é o concelleiro Jaime Cancio.
Despois dos discursos descubriron a placa co nome da Praza de Trégastel, que está nun monolito de granito rosa porque nesta zona da Bretaña francesa hai grandes cantidades dese material. O acto estivo amenizado pola Coral Polifónica de Foz “en agradecemento ao recibimento que tiveron cando estiveron alí en setembro” e rematou cunha comida.
Javier Castiñeira tamén destacou que no acto inaugural da Praza de Trégastel houbo bastantes veciños.