Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz organiza un campamento urbano durante xullo e agosto para nen@s a partir de 4 anos

Foz, 21 de xuño de 2013. O Concello de Foz organiza unha nova edición do campamento urbano de verán denominado Aberto por vacacións, dirixido a nenos e nenas a partir de catro anos de idade.

A concelleira de Educación, Xuventude, Servizos Sociais e Muller, Mercedes González Alonso, explicou que esta iniciativa vaise desenvolver durante os meses de xullo e agosto e está dirixida a todos os nenos de Foz ou que pasen as vacacións no municipio. As actividades realizaranse todos os días de luns a venres de 11 a 13 horas.

Mercedes González destacou que “debido a la demanda que tuvimos en ediciones anteriores para incorporar un nuevo grupo de edad vamos a admitir también a los niños de 4 años. Esto supone un esfuerzo porque requieren muchísima más atención y van a estar atendidos por lo menos por dos monitores. Y precisamente como es un grupo de edad que precisa de una atención especial, porque son más pequeñitos, las plazas van a ser limitadas a 15”.

A concelleira de Educación e Xuventude tamén explicou que haberá actividades ao aire libre, como xogos de busca do tesouro, de reciclaxe e diversos tipos de talleres. “En ediciones anteriores fue un éxito, los niños se lo pasan muy bien, están entretenidos y creemos que este año va a ser de nuevo otro éxito, porque es una experiencia muy buena, pues los participantes tienen la posibilidad de relacionarse con niños de otros colegios diferentes al suyo”, comentou a edil.

Para inscribirse os interesados poden dirixirse á Casa da Xuventude focense. As actividades empezarán o día 8 de xullo, pero a presentación do campamento será xa o día 4.

Exit mobile version