
Con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos o Concello de Burela e maila Confraría de Pescadores de Burela convocaron un Certame de Relato Curto. Unha vez rematado o prazo de admisión das obras e reunido o xurado correspondente, os gañadores foron: Iria Calvo Fernández (1º Ciclo de Primaria), Ana Balseiro Baltar (2º Ciclo de Primaria) e Delio Otero Romo (3º Ciclo de Primaria). A entrega de premios foi o xoves 6 de Xuño ás 19:00 h. no Salón de Conferencias da Confraría de Pescadores. Ana Balseiro Baltar non puido vir a recoller o seu premio, e no seu lugar veu o seu bisavó Ramón. Os relatos gañadores serán publicados no facebook do Archivo da Confraría e tódalas obras serán expostas na entrada ao Archivo da Confraría. Ditos relatos poderán ser recollidos polos seus donos a partires do 1 de xullo.