O rexedor agradeceulles que “elixiran Burela para facer este encontro profesional por dous motivos fundamentais: un, porque Burela ten vocación para a celebración de congresos e non é malo que os médicos veñan aquí; e dous, por colocar a Burela, mais aínda se cabe, no mapa sanitario galego”.
Para González Barcia “é importante que os profesionais da medicina, por cuestións obvias actualicen, os seus coñecementos e nese sentido desde o Concello vamos estar sempre colaborando co hospital, cos médicos para que, si así o queren se poidan organizar aquí eventos coma este”.
O alcalde burelés fixo un pequeno recordatorio da especial vinculación que ten Burela coa medicina: “en primeiro lugar está o Hospital da Costa, todos sabemos o traballo que custou chegar a conseguilo. En segundo lugar eu recordo perfectamente, por era concelleiro, o traballo que custou conseguir a primeira ampliación do hospital, que data do ano 2001”. E engadiu: “en terceiro lugar sei tamén o traballo que custou, porque era concelleiro, conseguir un centro de saúde que hoxe en día é modélico e non so arquitectonicamente, que tamén, senón a nivel de funcionamento e de trato aos pacientes. En cuarto lugar sei de forma moi directa o que costa e o traballo que da chegar á ampliación do Hospital de Burela, porque agora mesmo estamos elaborando o plan xeral de ordenación municipal e son plenamente consciente de que require un traballo imporatante”.
González Barcia subliñou que “Burela ten as súas portas abertas para calquera evento deste tipo por parte dos profesionais que se dedican á sanidade e nos vamos colaborar dentro das nosas posibilidades para que organicen, se o así entenden, eventos similares aquí en Burela”.