Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia asistirá en Arteixo á entrega das bandeiras azuis que recibirán as praias de A Marosa e O Portelo

Burela, 20 de xuño de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, asistirá mañá en Arteixo á entrega das bandeiras azuis que un ano máis conseguiron as praias de A Marosa e O Portelo, o barco museo Reina del Carmen e a aula de educación ambiental Gaia e tamén “a distinción para as labores que en materia de información e educación ambiental está a levar adiante ano tras ano o Concello”. O acto terá lugar ás 13 horas no areal de Balcoba.

O rexedor dixo que “para nós é unha enorme satisfacción poder recoller as bandeiras azuis un ano máis. A praia da Marosa leva conseguindo este galardón desde hai moitos anos, O Portelo empezou a conseguila no ano 2001 e no 2002 comezamos a ter a bandeira azul tanto para o barco museo como para aula Gaia”.

Para González Barcia “isto demostra que as políticas que vimos seguindo en materia de medio ambiente son, senón as mellores, si son axeitadas. Estes premios non son uns premios para o Concello en si mesmo, senón que son galardóns para o conxunto dos cidadáns, que ano tras ano se preocupan por ter praias en bo estado e que ano tras ano participan desas políticas ambientais que pon en marcha o Concello”.

O alcalde burelés agradécelles “aos traballadores municipais o seu esforzo, especialmente a aqueles que están vinculados coa área de medio ambiente”.

Exit mobile version