Site icon Crónica3.com A Mariña

I Xornada de fútbol sala base na rúa coa Fundación Imdecum

Burela, martes 18 de xuño. A Fundación Imdecum, en colaboración co CD Burela FS Pescados Rubén, organizará a I Xornada de Fútbol Sala Base na Rúa o mércores 26 de xuño, nunha divertida sesión de achegamento á práctica deportiva.

A praza da Mariña engalanarase coa emoción do futsal para que todos os rapaces/as de 6 a 18 anos (nados/as entre 1995 a 2006) poidan pasar unha entretida xornada lúdico-deportiva, de 17.00 a 19.00. Unha pista de 3×3 e unha portería inchable serán os escenarios principais das actividades para que todos os rapaces/as que o desexen poidan gozar do xogo e demostrar a súa puntería.

O alumnado da ED EON Burela FS tamén participará na xornada, xunto a monitores de xogadores/as do equipos sénior laranxas, para mostrar a metodoloxía de traballo da entidade burelista.

Exit mobile version