Site icon Crónica3.com A Mariña

IpV considera que “Emilio Lousas debería ser inhabilitado para exercer de cargo público”

Dende IpV consideramos gravísimas as declaracións do alcalde alfocense Emilio Lousas, nas que recoñece que non ten porque cumprir as lexislacións que el mesmo aproba, en referencia á ordenanza sobre o uso das vías públicas, que trae consecuencias moi negativas non só para o sector forestal, senón tamén para o agrícola e gandeiro.

O propio alcalde xa na sesión plenaria, tras recoñecer os grandes erros da ordenanza, empéñase en que queren aprobala e seguidamente recoñece que despois, non ten por que aplicala.

“A ordenanza chega a facer prohibitivo o uso das vías públicas, e o PP sábeo”
Que un cargo público, o alcalde electo dun concello, recoñeza públicamente que non ten porque cumprir a lexislación, nesta caso unha ordenanza que el mesmo aprobou, non pode quedar impune, debe ser castigado. A aprobación dunha ordenanza a sabendas de que non está ben, que non e xusta nin correcta, é un acto de prevaricación.

“Unha persoa así debe ser inhabilitada para exercer cargo público, son moitas xa as sombras sobre o PP de Alfoz”, que leva no goberno de Alfoz dende o comezo da democracia. Dende IpV estudiaremos as consecuencias legais destas declaración e non descartamos acudir a fiscalía.

“É un feito claro, un recoñecemento explícito de prevaricación o que comete o alcalde de Alfoz”
Non nos podemos quedar tranquilos ante os contínuos escándalos que rodean ós cargos públicos, as persoas que xestionan o noso diñeiro, non se pode tomar con normalidade actos de tan elevada gravidade.
“Acaso o alcalde quere aprobar una ordenanza tan restrictiva para que non poidan operar non concello certas empresas do sector forestal, e a continuación facer cumprir a ordenanza según a empresa sexa amiga ou non”.

Exit mobile version