Site icon Crónica3.com A Mariña

IpV impulsará de novo a unión do Val do Ouro

Dende IpV intentaremos de novo impulsar a unión dos concellos de Alfoz e Valadouro.

Debido a que dende as institucións se está facendo totalmente caso omiso a todo o proceso de fusión dos concellos do Val do Ouro, ademáis de numerosos incumplimentos, durante todo o proceso a Xunta de Galicia, do seu presidente e vicepresidente, non fixeron máis que mentir e incumplir a lei.

O PP estáse saltando a legalidade según lle ven en gana, resulta que fusiona os concellos de Oza e Cesuras sin un acordo plenario con maioria de 2/3 da corporación, que é o mesmo acordo que se ten tomado meses antes no concello de O Valadouro e que a Xunta non deu como válido, “parece que para a Xunta as leis son válidas nuns concellos do país e noutros non, non temos as mesmas reglas de xogo para todos os cidadáns”.

“O que pretende a Xunta e que as fusións se realicen en base ós caprichos dos alcaldes do seu partido en lugar de facerse en base a criterios obxetivos polo ben do interés xeral”.

“Imos agotar todas as vías, incluso se temos que recurrir a presión cidadá para loitar por que o Val do Ouro teña un bo futuro”.

“Esperamos tamén que o cambio de alcalde no Valadouro supoña facilite o impulso do proceso de unión de ambos concellos do Val”.

“A unión dos concellos o Val do Ouro, foi o primeiro proceso que comezou en Galicia nas últimas décadas, paralizado claramente tan só por interese político”.

Exit mobile version