Site icon Crónica3.com A Mariña

Juan Nécega será adestrador de Nacional das E.D. Lourenzá

Juan Nécega renova un ano máis polo equipo xa de Nacional Lourenzá Ensino para a vindeira temporada 2013/2014.

No día de onte as directivas das E.D. Lourenzá así como do Ensino Lugo estudiaron a viabilidade do equipo de Nacional. A principal noticia a día de hoxe é que se todo marcha según o previsto Lourenzá ten un 80% de posibilidades de estar representada nas Comunidades Autónomas de Cantabria, Asturias, Castela León e Galicia para a vindeira temporada 2013/14. O prazo para depositar o aval bancario así como a inscrición do equipo terase que facer antes do 7 de xullo nun importe ó redor de 3000 euros polo que se están estudiando varias vías de financiamento. Ademáis Juan Nécega seguirá levando a batuta do equipo, polo que a partir de agora o seu esforzo estará encamiñado na renovación das xogadoras máis importantes da pasada campaña.

Emma Álvarez quixo agradecer o esforzo de ambas directivas nun proxecto que será o terceiro ano en común, e adiantou que a recepción oficial ó equipo polo ascenso a Nacional será o vindeiro sábado día 15 de Xuño ás 19,30 no Concello de Lourenzá no que estará toda a Corporación Municipal.

Exit mobile version