Site icon Crónica3.com A Mariña

Lidia, Dany e Lucía, no día do deporte do colexio do Pilar de Foz

OLYMPUS DIGITAL CAMERAAs xogadoras laranxas Lidia Mesías, Dany e Lucía Nespereira gozaron dunha entretida xornada a semana pasada co alumnado do colexio focego do Pilar, coincidindo co festexo do Día do Deporte no centro. As representantes do CD Burela FS Pescados Rubén repasaron a brillante tempada do dobrete de Liga e Copa de España ante un numeroso público engaiolado pola proximidade dos trofeos das campioas. Tras unha breve charla e infinidade de preguntas dos pequenos, as laranxas compartiron con alumnado e profesorado xogos no patio.

Exit mobile version