Ribadeo, 26 de xuño de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad lanzou esta mañá duras acusacións contra José María Rodríguez logo de que esta persoa vertera grandes calumnias contra a súa persoa.
Penabad asegura que se fose un mecenas, por suposto que construiría a residencia, posto que é un dos máis interesados para que Ribadeo conte con esta infraestructura, pero como non o é, o que fixo foi concertar unha xuntanza coa titular de Traballo e Benestar Social para adquirir o compromiso para o concello: a construcción de corenta prazas concertadas para empresas interesadas en poñerse ao fronte.
Remarcada a súa preocupación e o interese porque Ribadeo conte coa residencia, Jesús López Penabad, afirma que con este tipo de comunicacións que emprendeu o Señor Rodríguez, deixa moi claro o tipo de persoa que é e que non é unha persoa digna para representar aos ribadenses.
“O único que quere é crispar”- manifesta o popular, quen advirte que si continúa inxuriando, “verémonos noutros foros, porque eu xamais puxen nin pedras nin areas como manifesta este señor”.