Site icon Crónica3.com A Mariña

López Penabad agradécelle ao goberno galego a súa preocupación polo futuro da residencia de Ribadeo

Ribadeo, 28 de xuño de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad anunciou que o vindeiro día 8 do mes de xullo, a conselleira de Traballo e Benestar Social manterá unha xuntanza coa plataforma pro residencia para tratar o futuro desta infraestructura.

López Penabad, agradeceu a Xunta de Galicia, concretamente á titular do departamento de Traballo e Benestar Social, Beatriz mato, a súa preocupación polos temas de Ribadeo, e nesta ocasión, pola residencia.

O popular concluíu que a do vindeiro día 8 de xullo será a segunda xuntanza que a conselleira Beatriz Mato manterá cos representantes desta plataforma e asegurou que, unha vez máis, o seu partido cumpre, escoita aos ribadenses e preocúpase por darlle unha solución ás demandas dos veciños.

Exit mobile version