Site icon Crónica3.com A Mariña

López Penabad: “Por seguridade dos ribadenses, Suárez Barcia ten que arranxar inmediatamente as vivendas de mestres do instituto”

vivendas-mestres-ribadeoRibadeo, 29 de xuño de 2013.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, volveu a denunciar, esta mañá, a situación lamentable na que se atopan as antigas vivendas de mestres do instituto.
Afirmou López Penabad que a maleza non invade só o recinto no que se atopan estas vivendas, senón que sobrepasa o valo que as rodea e invade as beirarrúas, dificultando o tránsito dos peóns.

“Os edificios están en estado de total abandono, con fiestras e portas rotas, que permiten o libre acceso ao seu interior”- denunciou, quen engadeu que tamén as portas da valla exterior tamén están rotas podendo, así, acceder ao interior do recinto.

Afirmou o popular, que debido a este estado de total abandono, existe un grupo de persoas con problemas de drogadicción que entran e saen das vivendas a calquera hora do día ou da noite, poñendo en perigo as súas propias vidas e causando preocupación aos veciños da rúa Paco Lanza, por medo a posibles altercados ou accidentes que se poidesen producir.

Lembrou López Penabad, que no seu día, a policía local precintou as entradas ao recinto con cinta plástica, pero que lamentablemente as persoas con problemas de adicción, non respectan estos precintos e entran e saen facendo caso omiso da autoridade competente.

O popular pedíu a Fernando Suárez que tome cartas no asunto e que por seguridade dos veciños de Ribadeo, limpe a zona e proceda ao peche efectivo para evitar o acceso ao seu anterior, propoñéndolle incluso a demolición dos edificios se fose necesario.

Exit mobile version