“É a 17ª edición e estamos a falar quizás do maior evento deportivo que se realiza na Mariña, pois aínda que Foz sexa o centro neurálxico do torneo participan a maior parte dos concellos da zona e atrae a unha gran cantidade de xente á nosa localidade e ao resto da comarca. Estamos a falar de máis de 2.000 persoas que se van desprazar a esta zona con motivo do torneo, porque aos nenos que participan hai que sumar os familiares e acompañantes”, explicou o rexedor municipal focense.
Javier Castiñeira tamén comentou que “virán equipos de moitas comunidades de España”, como Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela-León ou Madrid e este ano haberá un club de Portugal, ademais de varios representantes galegos.
O alcalde de Foz fixo público o seu agradecemento “aos organizadores, aos patrocinadores e as administracións, tanto á Xunta de Galicia como á Deputación de Lugo, que ao igual que o Concello de Foz colaboran no financiamento deste torneo”.