Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis do 40% dos casos de preferentes e subordinadas na Mariña permanecen pendentes de aceptación pola vía arbitral segundo a Plataforma mariñá

A plataforma de afectados por preferentes e subordinadas da Mariña comunica os datos que solicitara ó Instituto Galego de Consumo. Así, a día 16 de xuño de 2013, estes foron os resultados da vía arbitral na nosa comarca:

RESULTADO DA VÍA ARBITRAL NA COMARCA DA MARIÑA A DÍA 26-06-2013

CONCELLOS

SOLICITUDES DE ARBITRAXE PRESENTADAS

SOLICITUDES ACEPTADAS POR NGB

% CASOS ACEPTADOS

% CASOS PENDENTES DE ACEPTACIÓN

Barreiros

62

37

59,68

40,32

Burela

302

156

51,66

48,34

Cervo

29

15

51,72

48,28

Foz

207

125

60,39

39,61

Lourenzá

85

58

68,24

31,76

Mondoñedo

97

62

63,92

36,08

Ourol

52

34

65,38

34,62

A Pontenova

122

65

53,28

46,72

Ribadeo

277

176

63,54

36,46

Riotorto

26

15

57,69

42,31

Trabada

44

28

63,64

36,36

O Valadouro / Alfoz

87

52

59,77

40,23

O Vicedo

46

29

63,04

36,96

Viveiro

342

206

60,23

39,77

Xove

41

29

70,73

29,27

TOTAL

1.819

1087

59,76

40,24

 

Dende esta plataforma apostamos dende un primeiro momento por esta vía que deu solución a un 59,76%  de afectados na nosa comarca, facemos unha valoración positiva, xa que nun primeiro momento non se contaba con esta porcentaxe de casos resoltos favorablemente.

Tendo en conta que aínda quedan un 40,24% de casos pendentes de solución, queremos facer un chamamento as institucións competentes e a Novagalicia Banco para que esta vía continúe aberta ata a resolución do 100% de casos de afectados que se demostre que son “aforradores e non inversores” que é a gran maioría.

Recordamos tamén a seguinte información importante para todos os afectados pendentes de solución:

–     Do 17 ao 28 de Xuño: Todas aquelas persoas que teñan Subordinadas con vencemento deberán escoller a opción de quedar con accións(que despois poden vender ao FGD) ou depósito.

–        4 de xullo: Recompra de preferentes e subordinadas e suscripcións de accións.

–        Do 17 de xuño ao 12 de xullo: Posibilidade de venta de accións a o Fondo de Garantía de Depósitos para recuperar liquidez despois das quitas correspondentes.

 

–        19 de Xullo: Pago pola venta de accións.

RESUMO DAS OPCIÓNS QUE HAI NESTES MOMENTOS PARA AFECTADOS QUE NON FORAN CHAMADOS PARA ARBITRAXE:

Caso de Preferentes e Subordinadas perpetuas:

–        Quedarse con accións.  (Nestes momentos papel mollado xa que non se sabe o que poden valer nun futuro nin que vai pasar coa entidade).

–        Vender as accións ao Fondo de Garantía de Depósitos e obter liquidez despois das dúas quitas correspondentes.

–        Vía xudicial.

Caso de Obrigacións Subordinadas con vencemento:

–         Depósito ata o vencemento aceptando a quita correspondente. (Haberá que estudar para que casos pode ser convinte.)

–         Quedarse con accións. (Nestes momentos papel mollado xa que non se sabe o que poden valer nun futuro nin que vai pasar coa entidade)

–         Vender as accións ao Fondo de Garantía de Depósitos e obter liquidez despois das dúas quitas correspondentes.

–         Vía xudicial.

Recordamos que a vía xudicial segue estando aberta para poder reclamar no caso de non estar de acordo co exposto anteriormente, e incluso despois de vender as accións para obter liquidez, pero insistimos en que haberá que estudar moi ben cada casoe informase con persoal cualificado para ver as alternativas que pode haber.

Nesta plataforma contamos con un documento para entregar no banco no caso de querer efectuar o canxe pola venta de accións, no cal se deixa constancia de que si se acepta iso é exclusivamente porque é o único xeito de poder obter algo de liquidez nestes momentos, pero deixando constancia na entidade de que non estamos a favor da quita xa que consideramos que fomos completamente enganados, e deixando a porta aberta a iniciar un proceso xudicial para reclamar o que se nos quitou.

Todo aquel afectado que o precise pode poñerse en contacto coa plataforma que llo facilitaremos sen ningún problema.

A partides de agora as decisións a tomar son completamente persoais por parte de cada afectado, nós tratamos e seguiremos facéndoo de proporcionar a maior información posible para que podan decidir.

Exit mobile version