Site icon Crónica3.com A Mariña

Maite: “O Club ofreceume as facilidades precisas para o peche da negociación”

bfsf-maite-renov13A ala Maite García de la Montaña continuará lucindo a camisola laranxa. A cacereña foi recibida na sede laranxa polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Rodríguez para asinar o compromiso para 2013-14, que a converte na terceira renovación do equipo.

A xogadora destacou a cordialidade e a celeridade do acordo, a pesar de chegar aos seus oídos algunha que outra proposta dende o estranxeiro: “Aínda que a tempada pasada foi dura por diversos factores e que recibín ofertas de Italia e Rusia, o meu obxectivo era continuar aquí. O peche da negociación dependía de pequenos detalles, nos que o club me ofreceu as facilidades precisas”.

Xa inmersa nunhas merecidas vacacións, Maite, de 25 anos, agarda con afán a volta á carga: “Será un ano moi bonito, con novas competicións e novas experiencias; gustaríame incrementar o orgullo do dobrete co título dalgún dos primeiros torneos da tempada”, así expresou os seus desexos a ala.

Nas filas burelistas, Manuel Blanco e Auditor Lombardía salientaron “a constancia e o traballo diario de Maite, dous valores cos que a xogadora seguirá axudando ao cadro na súa terceira tempada na Mariña”.

Exit mobile version