Site icon Crónica3.com A Mariña

“Remitencias” preséntase o xoves na Deputación

O salón de actos da Deputación de Lugo acollerá mañá ás 8 da tarde a presentación do último libro de Xosé Lois García, Remitencias, un poemario acompañado de fotografía que nos mostra a testemuña dunha realidade xeográfica e humana desaparecida polo asolagamento de vilas, aldeas e lugares das beiras do Miño (O Saviñao, Chantada, Taboada, Paradela e Portomarín), producido a consecuencia da construción, no franquismo, dun encoro que foi inaugurado no ano 1963, que vai facer agora 50 anos. No acto ademais do propio autor contarase coa presenza de Alfonso Blanco, Xesús Alonso Montero, como prologuista do libro, e Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Exit mobile version