O outro, o que realmente non nos podía roubar ninguén, é o que foron quitándonos a medida que entregabamos os nosos días pensando que cumpriamos co que nos ensinaron. Agora nin sequera déixannos xubilarnos para que polo menos podamos gozar da vida igual que gozabamos de nenos cando non tiñamos nada, ou mellor, cando dispoñiamos da liberdade, a creatividade e a carencia de todos eses medos que logo nos foron atenazando.
Os escravos xamais se xubilaban. Quérennos escravos, ou nos arrinconan cando nos deixan sen traballo despois de que nos formásemos durante anos creendo que ese esforzo ía servir para algo. Os vellos non poden liberarse do traballo e os mozos teñen que irse lonxe si queren atopalo. Entre tanto, seguimos vendo aos mesmos de sempre cobrando os mesmos dineraes, xubilándose dos bancos cos millóns de euros que nós lles adiantamos, mentindo para intentar gañar outra campaña electoral na que seguirán enganando coas mesmas promesas que saben de antemán que xamais cumprirán. Agora que todo vénse o carallo é o momento de reeducar as nosas conciencias e de volver recuperar o que realmente é importante. A convivencia, a xustiza ou a igualdade de oportunidades só chegarán a través de cada un de nós.
Non esperes compañeiro que me estas lendo a que apareza alguén con máis mentiras nin con máis promesas envenenadas. Hai que empezar a dicir non a todo aquilo que xa sabemos que non vale para nada, e hai que facelo pouco a pouco, sen deixarnos levar nunca por eses iluminados que irromperán en calquera momento aproveitando o río revolto e nauseabundo que nos han ir deixando. Non souberon educarnos para que afrontásemos que a nosa vida é tan efémera que non deberiamos permitir xamais que nola roubasen nin un só día por nada nin por ninguén. Urxe volver á esencia, a esa naturalidade coa que viven os paxaros. O outro non é máis que unha tolemia colectiva, un mal xogo no que só pretenden que sexamos escravos.
OTERO REGAL