A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz prepara a I Feira de Mostras Multisectorial e Salón do Automóbil, que se celebrará na explanada do porto do 22 ao 25 de agosto. Xa hai medio cento de firmas que confirmaron a súa asistencia.
Ata 100 expositores se poden dar cita neste evento no que estarán presentes a artesanía, a alimentación, os mobles, as antigüidades, un salón do automóbil e haberá tamén unha exposición de motos antigas. No evento colaborarán varias administracións, que presentarán as súas novidades para empresarios e emprendedores. Os interesados en obter máis información para a súa participación na feira poden dirixirse ao longo dos vindeiros días á ACIA de Foz ao longo das vindeiras semanas ou chamar ao seguinte número de teléfono: 609 09 82 28.
A exposición ocupará dúas carpas duns 800 metros, segundo explican desde a organización, que tamén a deseñar unha programación musical y cultural, actividades infantís e degustacións gastronómicas para as tardes e noites deses días en Foz. Os stands dos expositores nas carpas terán unha superficie que pode oscilar entre os 8 e os 48 metros cadrados e tamén haberá espazos habilitados no exterior para as firmas que así o demanden.