Xove acollerá o sábado 15 de xuño a cuarta Convivencia Musical na que participarán músicos de toda a provincia. Esta xornada de convivencia está organizada pola Escola Municipal de Música do Concello de Xove, e contará con 50 nenos e nenas e rapaces e rapazas das Escola Municipais de Música de Xove, Ribadeo, Burela e Mondoñedo, así como do Centro de Música Fingoi de Lugo.
O programa da xornada, que vai discorrer ó longo de todo o día, é o seguinte:
-10:45 h.- Recepción de tódolos participantes na sede da Escola no antigo Colexio de Palmeiro.
-11:00 a 14:00 h.- Ensaios musicais na Escola de Palmeiro
-14:30 h.- Xantar de tódolos participantes; se fai bó tempo farase na praia, e se chovese realizaríase nunha dependencia do Centro Cívico.
-17:00 a 18:30 h.- Ensaios musicais no Salón de Actos do Centro Cívico.
-19:00 h.- GRAN CONCERTO FINAL desta IV Xornada de Convivencia Musical, no que van intervir tódolos participantes. No mesmo vanse interpretar pezas de Van der Meuler, Beethoven, Bartok, Pachelbel, etc.
Rematado o concerto, o Concello de Xove ofrecerá nas instalacións do Centro Cívico un ágape a tódolos integrantes desta Xornada.