A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela. Dará comezo o vindeiro mércores, 12 de xuño. Os asistentes aprenderán a dar os seus primeiros pasos co procesador de texto Libreoffice writer. O curso está dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. E o mesmo desenvolverase en horario de 11 a 13 horas ata o 19 de xuño. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre esta actividade os interesados poden dirixirse á Aula CeMIT que está situada na Casa da Xuventude (rúa do Cancelo, 1) ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección cemit.burela@xunta.es.