O ala madrileño Hugo Bernárdez López defenderá as cores laranxas en 2013-14. Nas vindeiras semanas, o CD Burela FS Pescados Rubén realizará a presentación oficial do xogador, que xa disputou a última campaña en terras galegas, no Santiago Futsal.
A traxectoria de Hugo, de 27 anos, está asolagada dos grandes do fútbol sala español. Formado na base do Grucer Corazonistas, deu o salto ao Carnicer Torrejón no 2004-05; Interviú Boomerang foi o seguinte destino (2005-06); Pinto FS foi a súa casa entre 2006 e 2009; a tempada 2009-10 trasladouse ao Sala 10 Zaragoza e, antes de decidirse pola entidade santiaguesa, viviu unha segunda etapa no Inter (2010-12). No palmarés do ala madrileño, que foi elixido como Xogador Revelación da LNFS en 2008-09, o ascenso a Honra (2007-08) co Pinto FS e a Supercopa de España e Copa Intercontinental en 2011, como interista.
No conxunto da capital galega, en 2012-13, a tempada de Hugo foi de menos a máis. A pesar dos problemas de lesións no tramo inicial, o ala pechou un bo exercicio, con 9 partidos disputados e 5 goles en liga, adornado hat-trick en play off ante ElPozo Murcia.