Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz reunirase a vindeira semana cos veciños de Santa Cilla, Cangas e San Acisclo para falar das necesidades desas parroquias

Foz, 29 de xuño de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, retoma o ciclo de reunións cos veciños das parroquias do municipio para falar sobre a realización de melloras nesas localidades e coñecer as necesidades de cada unha delas. A vindeira semana haberá xuntanzas en Santa Cilla, Cangas e San Acisclo.

O rexedor local, acompañado por outros membros do equipo de goberno, estará no centro social de Santa Cilla o luns, día 1 de xullo, ás oito da tarde.

A seguinte reunión será no centro social Os Castros, de Cangas, o martes, día 2, ás oito da tarde. Ademais do alcalde e concelleiros do goberno municipal na xuntanza participará o presidente da asociación veciñal da parroquia.

E o terceiro encontro da vindeira semana será o mércores, día 3, ás oito da tarde na antiga escola de San Acisclo. Tamén estarán Javier Castiñeira e outros membros do equipo de goberno.

Exit mobile version