Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG Alfoz-Valadouro afirma que son “cómplices da democracia, nunca do desgoberno”

Ante as declaracións de Lamela vémonos na obriga de respostar á súa suposta nota de prensa. Dicimos suposta porque nela reprodúcense as insidias e parvadas dos panfletos que Balseiro fixo chegar estes días aos medios. Curiosamente, repítese o contido e os mesmos erros gramaticais, pero se Lamela se prestou a asinala, teremos que respostarlle a el.

O ATROPELO DO VALADOURO

Quen está a atropelar a Lamela non é o BNG senón o seu propio partido. El sábeo, e agora vese só, sen alcaldía e obrigado a facer presión social co tema do pacto. Despois de abandonalo aínda lle fan a dar a cara en manobras miserábeis.

FACENDO MEMORIA DO ANO 2011

No ano 2011 o BNG tratou de desbloquear a situación municipal apoiando o soldo do alcalde coa condición de que este xestionase a creación do polígono, non foi quen de defender tal cuestión, nin o seu partido lle botou unha man para manter a alcaldía, ao contrario, colocárono no cadalso político. Nós, o BNG outorgámoslle un soldo de xestor, e el limitouse a desenvolver labores de operario, no camión do lixo. Fica claro que de alcalde só ten a acta municipal que afortunadamente mañá cambiará de mans.

DESGOBERNO DE LAMELA

Cómpre sinalar a modo informativo, pra ilustrar con exemplos a caótica xestión de Lamela, que o día que os concelleiros foron asinar a moción de censura (23 de maio), ás nove da mañá só había un funcionario atendendo as oficinas municipais.

O BNG LOCAL

Agora, parece que tanto a el como ao seu caudilliño lles preocupa moito o BNG local, se se ocupase das reivindicacións da súa base electoral houbera obtido bos resultados e non estaría a sufrir a situación presente, na que lle chove por todos os lados e ninguén lle achega un paraugas.

ASEMBLEA LOCAL DO BNG ALFOZ-VALADOURO

Exit mobile version