Site icon Crónica3.com A Mariña

O Comité de Empresa de Alcoa posiciónase en contra da externalización de servizos

O Comité de empresa mostra o seu malestar ante a externalización de servicios que está levando a cabo a Dirección de Alcoa (Servicio Médico, Almacén e Compras). Así, o comité posicionáse en contra destas externalizacións que “en ningún caso mellorarán o servizo que se estaba dando ao facerse de forma interna e por personal da propia compañía, segundo o apreciamos desde o Comité de Empresa e os sindicatos que o compoñen”.

Ademais con estas externalizacións, no futuro, limitaránse unha serie de postos de traballo que servían para recolocar a traballadores que por diversos motivos de saúde, se ven limitados a desempeñar ó cen por cen as tarefas habituais dos seus postos anteriores, e que con estas externalizacións non se poderán adaptar a postos que sexan compatibles coas súas doenzas.

Ante esta situación, o Comité de Empresa, xa transmitiu á Dirección o seu posicionamiento en contra, xa que cren “que se debe de ir máis á internalización de servizos que á externalización dos mesmos. E que, en algúns casos, puxéronse en evidencia que os resultados que as externalizacións realizadas para outros servizos non deron os resultados esperados”.

Exit mobile version