Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente cunha táboa redonda sobre a tradición labrega e mariñeira

MESA REDONDA BURELABurela, 7 de xuño de 2013. O Concello celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente cunha mesa redonda sobre a tradición labrega e mariñeira de Burela, que tivo lugar no salón de conferencias.

A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, agradece “a asistencia e a colaboración dos ponentes da mesma: a doutora en Historia, Herminia Pernas Oroza, que nos trasladou á Burela do século pasado, cunha ponencia titulada, Burela onde o mar ficou sorprendido de ver tanto labradío mariñeiro; e as veciñas Dolores Vispo Ben, Antonina Semedo Lopes e Mª José Rodríguez Pernas que relataron as súas experiencias no manexo dos cultivos nas súas hortas”.

Para a edil popular “quedou demostrada a orixe labrega de Burela, sendo esta actividade a que conseguiu a base de moito esforzo os recursos económicos para dar comezo á actividade pesqueira, hoxe en día, gran motor económico do Concello”.

Finalmente non foi posible a asistencia de Edmundo Maseda, agricultor ecolóxico, que tiña previsto falar sobre o manexo ecolóxico dos cultivos. “Aínda así a mesa alargouse preto de dúas horas, nas que tamén se concienciou sobre de tomar conciencia da importancia das nosas actuacións na xestión da alimentación familiar”, engadiu Patricia López Eijo.

Con este sinxelo acto, Burela formou parte das 57 accións inscritas oficialmente en España con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, tan só dúas delas corresponden a municipios galegos (Santiago de Compostela e Burela).

López Eijo engadiu que “participar na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, lémbranos a nos mesmos e aos demais a importancia que ten coidar do noso medio”.

Exit mobile version