Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros mellorará os accesos aos colexios vellos de San Miguel con 65.000 euros

Foto accesos colexios vellos San MiguelBarreiros, 15 de xuño de 2013. O Concello adxudicou as obras de mellora dos accesos aos colexios vellos de San Miguel. O investimento ascende a 65.000 euros, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor sinalou que “como está previsto que antes de finais deste ano rematen as obras nos colexios vellos é o momento de arranxar tamén os accesos a esas instalacións, que se atopaban totalmente deteriorados. Así, unha vez estes traballos, que comezarán en breve, esa zona quedará totalmente amañada e lista para o seu uso e desfrute”.

Fuente Parga engadiu que “o custe será de 65.000 euros. Dito investimento farase con cargo ao aval do construtor que levantou un inmoble alí ao lado”.

Exit mobile version