Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros seguirá a colaborar co CEIP San Cosme

Barreiros, 28 de xuño de 2013. O Concello seguirá a colaborar co CEIP de San Cosme do mesmo xeito que o estivo a facer nos últimos anos. Así o aseguraba esta mañá o alcalde, Alfonso Fuente, despois de que se disipasen as dúbidas xurdidas nas últimas semanas con respecto ao futuro do centro.

O CEIP de San Cosme seguirá aberto durante o curso 2013-2014, segundo confirmaba nas últimas horas a Consellería de Educación, “algo que nos fai estar satisfeitos no Concello, porque había preocupación entre os pais e nais e entre a comunidade educativa estes días polo futuro do colexio, tras os rumores que se produciron e que crearon incerteza”, dixo o rexedor.

Exit mobile version