Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela iniciou o proceso para a contratación de 10 socorristas

Foto entrega banderas azules BurelaBurela, 21 de xuño de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, asegura que no Concello se está a iniciar o proceso administrativo para proceder a contratar aos 10 socorristas que este verán traballarán nas praias burelesas. González Barcia agarda que comecen a traballar a primeira fin de semana do mes de xullo.

O rexedor sinalou que “chegou ao Concello de Burela a autorización da Xunta para proceder á contratación anticipada dos socorristas que van vixiar as praias da Marosa e do Portelo durante este verán. Temos asignados 10 socorristas que realizarán as súas funcións durante dous meses”.

González Barcia indicou que “nas mañás de onte e hoxe estase a iniciar todo o procedemento administrativo, o que pasa é que aínda non sabemos cando poderemos realizar as probas de seleccións porque dito proceso require uns prazos e hai que respectalos. Non creo que estean operativos antes do 1 de xullo, porque para a vindeira semana o luns é festivo e eu calculo que, sendo moi optimistas, poderíamos estar de que poderían estar operativos na primeira fin de semana do mes que ven”.

O alcalde burelés dixo que “o que sí é certo con esta autorización podemos empezar os trámites e no Concello de Burela imos axilizalos o máximo posible”.

O rexedor asistiu este mediodía en Arteixo ao acto de entrega das bandeiras azuis que Adeac lles concedeu ás praias da Marosa e do Portelo, ao barco museo Reina del Carmen, ao aula de educación ambiental Gaia e a distinción temática pola información e a educación ambiental que leva adiante o Concello burelés.

Exit mobile version