Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo recibe ao San Román felicitándoo polo seu ascenso á Segunda Autonómica

recepcion_sanromanCervo, 15 de xuño de 2013-O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, organizou un acto de recoñecemento ao C.D. San Román polo seu recen conseguido ascenso a Segunda Autonómica. Un acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o equipo ao completo, o técnico e a directiva do San Román e no que os responsables do Concello fixeron entrega de medallas conmemorativas ao conxunto cervense.

Un evento organizado polo Concello co obxectivo de “transmitir as nosas felicitacións ao San Román por una temporada excelente, na que loitaron ata o final e que tivo a súa mellor recompensa acadando un ansiado ascenso” tal e como asegurou o rexedor.

Villares destacou ademais que este logro foi posible grazas ao “esforzo, a entrega e a seriedade cos que o conxunto afronta cada partido” e lembra que o San Román leva “varios anos de duro traballo buscando este retorno á Segunda Rexional, e sempre quedando ás portas do ascenso por moi poucos puntos”. Por iso o rexedor valorou dobremente o éxito do San Román, “que nunca se deu por vencido e temporada tras temporada mantivo a ilusión”.

Ao mesmo tempo, o rexedor puxo de manifesto os seus mellores desexos para o equipo “de seguir colleitando éxitos e avanzar na súa escalada, agora cara á Primeira Autonómica”. Pola súa banda, os responsables do club aseguraron que o ascenso responde á unión entre xogadores, Xunta Directiva, afección e adestrador e a forte implicación de todos en cada encontro.

Exit mobile version