Así, nestes momentos o Concello xa se atopa na fase de enchido das piscinas e de tratamento da auga para a súa posterior posta en servizo, previa á cal Sanidade fará as correspondentes inspeccións. A intención do Concello é poder abrir as piscinas a principios do mes de xullo.
Ao mesmo tempo, tamén se realizaron traballos de mellora noutras instalacións do complexo deportivo de Río Covo, como é o caso das canchas de tenis, onde se efectuaron tarefas de limpeza e está previsto cambiar as redes que dividen as pistas.
Uns traballos que van dirixidos a “preparar unhas instalacións moi completas, que durante a temporada de verán acollen a numerosos usuarios e que ademais amplían e fan máis atractiva a oferta deportiva do municipio” remata Guillén.