Villares e Soto aseguraron que “estudaremos as propostas e tentaremos atender as súas inquedanzas na maior medida posible” explica Soto. Unha xuntanza que forma parte da liña de traballo habitual do grupo de goberno a través da cal o Concello está en contacto permanente coas asociacións veciñais, culturais e deportivas do municipio como “a mellor forma de coñecer as súas necesidades e demandas” engade Soto.
O edil destaca o carácter “beneficioso” destas reunións, tanto para o Concello como para as entidades e os veciños en xeral xa que en moitos casos permiten “abrir fórmulas de colaboración” e ao mesmo tempo se manteñen como “vías de comunicación continuada entre o goberno e a veciñanza” remata o edil.