Site icon Crónica3.com A Mariña

O DOG publica o anuncio do contrato da subministración e instalación dunha sala de hemodinámica no HULA

Santiago, 6 de xuño de 2013.- O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, pola que se acorda facer público o anuncio indicativo do contrato de subministración e instalación dunha Sala de Hemodinámica no Hospital Universitario Lucus Augusti, por un custe estimado de 600.000 euros. A Consellería de Sanidade e o Servizo Saúde están, pois, a cumprir o seu compromiso de que en torno ao verán estea licitada a sala, para poñela en funcionamento o antes posible.

Asemade, este anuncio foi remitido, para su publicación no Diario Oficial da Unión Europea, o pasado 22 de maio.

A partires de que estea licitada, tardarase en poñer en marcha so o tempo necesario para a súa instalación, coas correspondentes probas para que teña a máxima seguridade para o cidadán e o paciente.

Exit mobile version