Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de goberno de Burela mostra a súa satisfacción tras a creación de 120 novas prazas na sección burelesa da EOI

Burela, 28 de xuño de 2013. Satisfacción do equipo de goberno tras a 120 novas prazas que se crearán na sección de Burela da Escola Oficial de Idiomas.

A concelleira de Educación, Mónica Pedre, lembrou que “a consecución da sección da Escola de Idiomas en Burela foi un logro do equipo de goberno do PP, xa que o alcalde, José Mª González Barcia, e eu mesma reunímonos no seu día co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, para plantexarlle a posta en marcha desta modalidade educativa, tan necesaria en Burela”.

A edil popular subliñou que “a educación é un compromiso do noso equipo de goberno e unha vez máis o camiño amósase andando”.

Mónica Pedre tivo palabras de agradecemento para o goberno galego, encabezado por Alberto Núñez Feijoo, “por esta ampliación da sección da Escola de Idiomas aquí en Burela nuns momentos de difícil situación económica”.

En total a sección de Burela da Escola Oficial de Idiomas contará no curso 2013-2014 con 210 prazas, “algo que nos fai estar moi satisfeitos”.

Exit mobile version