Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP pedirá en pleno que se habilite un sistema de asesoramento na Deputación aos afectados polas preferentes

Lugo, a 24 de xuño de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular solicitará na sesión plenaria da corporación lucense, que se celebrará mañá, que se habilite un sistema de asesoramento na Deputación de Lugo para os afectados polas preferentes.

Deste xeito, os populares pídenlle ao presidente José Ramón Gómez Besteiro, que ao igual que están a facer outras institucións provincial e locais, poña os medios necesarios que ten da súa man para lograr unha maior axilidade na resolución desta situación.

Os populares explican que é imprescindible unha implicación directa da Deputación Provincial de Lugo, que vaia máis alá da presentación de iniciativas plenarias nas que se limita a pedir a outras administracións que adopten as medidas necesarias. Desde o PP insisten en que é preciso pasar de declaracións de boas intencións a feitos concretos, prestados desde a propia administración provincial, que contribúan a apoiar aos afectados por estes produtos financeiros

Por iso, dende o Grupo Provincial Popular, coñecedor do funcionamento de redes de oficinas de asesoramento que puxeron en marcha a iniciativa propia noutras Deputacións e concellos, solicita a mesma xestión por parte do ente provincial que permitirá un asesoramento especializado, con apoio legal e individualizado para a busca da fórmula máis efectiva para a recuperación do diñeiro atrapado en produtos híbridos.

Exit mobile version