
Coincidindo co día mundial do Medio Ambiente, un grupo de alumn@s de 1º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela acompañados por Monste Freire, a súa profesora de Bioloxía, desprazouse ata Mondoñedo co propósito de ampliar o seu coñecemento en materia de Xeoloxía nas Covas do Rei Cintolo, o maoir complexo cárstico de Galicia, con máis de 6.500 metros de galerías. Alí realizaron un percorrido en forma de U sobre un tramo duns 300 metros. Da man de Abel Vigo, o arqueólogo municipal, o alumnado descubriu o encanto que encerra este tesouro da xeoloxía galega. O guía explicoulles o gran número de formacións cársticas que se ven dentro: estalactitas, estalagmitas, columnas, coladas, bandeiras, o ollo de fechadura, os grou-dains entre outras así como o seu lago.