No acto celebrado esta mañá no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia recibiron premios os gañadores das tres modalidades do concurso (Imaxina a Pintura, Escribe o teu conto e Exprésate), os profesores que supervisaron os traballos, as clases dos gañadores e os seus colexios. Tamén recibiron premios os finalistas e profesores supervisaron eses traballos.
INSTITUTO DE VIVEIRO
Entre os gañadores na súa modalidade de redacción (“Escribe o teu conto”) estivo un centro educativo público da nosa comarca: O IES Vilar Ponte de Viveiro.
Alumnos do grupo gañador: Ariendys Franco Lorenzo e Brauly Gómez Peralta.
• Clase: 1º A de ESO.
• Profesor que supervisou o traballo: D. Francisco José Janeiro Rodríguez.
Alumnas e alumnos do grupo finalista: Alba Fernández Martínez, Diego Beltrán Fernández Prada, Laura García Fraga, Blanca Landín Rey e Pablo Francisco Lata Díaz (alumnos/as de 6º A de Educación Primaria do Colexio Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela (A Coruña).
Profesora que supervisou o traballo: Dª Josefa Lourido Barbeira.
Os alumnos aproveitaron a súa presenza na Cámara lexislativa galega para facerse unha foto co seu veciño, o secretario do Parlamento, Jose Manuel Balseiro. Tamén participou no acto o deputado mariñán Vidal Martínez-Sierra.
PREMIOS
As bases deste concurso contemplan os seguintes premios:
• Para o alumnado do grupo gañador:
– Escribe o teu conto: ordenador portátil e libros.
• Para a clase do grupo gañador: excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia, na data que decida o centro.
• Para o profesor ou profesora que supervise o traballo do grupo gañador: unha táboa dixital.
• Para o centro educativo do grupo gañador: un agasallo de 2.000 euros para destinar á organización de actividades extraescolares ou actividades da biblioteca escolar.