Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro solicita do goberno local que adopte medidas de seguridade vial no acceso ó colexio Pedrosa Latas de Celeiro

O PP de Viveiro comprobou e constou a través dos veciños do barrio do Chao na parroquia de Celeiro a preocupación existente polo exceso de velocida coa que circulan algúns vehículos polas rúas San Juan, Santa Ana, Carmen, así como a acumulación de vehículos na rúa San Pantaleón, en especial no horario de entrada e saída dos alumnos do colexio Pedrosa Latas, que incluso algún familiar os ten que acompañar en aras a evitar posibles accidentes.

As posibles solucións que se apuntan por parte do vecindario estriban nun maior control de vixilancia por parte da Policía Local, limitar a velocidade a 30km, colocar sinais de perigo que indiquen a cercanía do colexio público, colocación de bandas rugosas, ou facer peatonais as rúas próximas de acceso ó colegio Pedrosa Latas, a excepción dos vehículos de residentes.

O mesmo ocorre na curva da antiga fábrica de xeo de Celeiro, debido á afluencia de vehículos que circulan dende o Chao á escola de idiomas e outras dotacións de Lavandeiras, como consecuencia do exceso de velocidade, polo que, os veciños solicitan ou bandas rugosas ou un espello que permita facilitar a visibilidade de vehículos.

O PP de Viveiro atopa razonable e xustificada a demanda dos veciños e unha vez máis solicitan do gobierno local, que se adopten as medidas oportunas que garantan a seguridade dos veciños que viven e utilizan ambas zonas de Celeiro, quenes fixeron chegar a este grupo a través do concelleiro Celestino García as súas preocupacións pola seguridade vial de nenos e maiores e para que “a inquietude de hoxe non se constitúa en lamentación de mañá”.

Exit mobile version