Site icon Crónica3.com A Mariña

Besteiro participa na Comisión Nacional de Administración Local que aborda a reforma do sector público

260613 Foto Besteiro CNALO Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este mércores en Madrid no pleno da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL), convocada polo seu presidente, o Ministerio de Facenda, Cristóbal Montoro, co obxectivo de abordar o contido da reforma da Administración Pública proposta polo Goberno Central. Gómez Besteiro é un dos 13 representantes das entidades locais españolas que asistiu á reunión deste órgano, do que forman parte outros 13 membros dos Ministerios de Facenda, Interior, Fomento, Emprego e Industria. Deste xeito, o Presidente provincial coincidiu neste encontro coa cúpula da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), cos seu presidente e vicepresidente á cabeza, Íñigo de la Serna e Abel Caballero, respectivamente.

Xunto á reforma do sector público, outros dos asuntos tratados son a reforma da orde pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais, os obxectivos de estabilidade orzamentaria e débeda pública para o período 2014 e 2016, e un informe de medidas extraordinarias de liquidez para municipios con problemas financeiros.
As funcións principais da Comisión Nacional de Administración Local son emitir informes sobre reformas lexislativas que afecten á administración local e sobre criterios para autorizar operacións de endebedamento nas corporacións locais, ademais de efectuar propostas e suxestións ó Goberno en todo o relativo ó eido local.

Exit mobile version