O día 15 de xuño de 2013 celebraremos o IX Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos no Concello de Rábade (Lugo). Este ano centrarémonos no recoñecemento e identificación dos mamíferos de ribeira.
Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as do Proxecto Ríos.
O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental que pretende establecer redes de cidadáns que realicen traballos de estudo e mellora dos nosos ríos. É unha iniciativa de ADEGA promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través do Instituto de Estudos do Territorio. Na realización destes encontros contamos coa colaboración da Confederación Hidrográfica Miño – Sil, a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Casa das Ínsuas.
PROGRAMA:
10.15 Benvida ao voluntariado.
Óscar Rivas. Centro de Interpretación Casa da Ínsuas.
Virginia Rodríguez. Proxecto Ríos.
10.30 Presentación de experiencias do Voluntariado do Proxecto Ríos.
IES Muralla Romana.
Asociación O Fervedoiro.
AGTC (Asociación Galega de Custodia do Territorio).
AEMS Ríos con Vida.
12.00 Mesa redonda: Comunidades de mamíferos de ribeira.
Augusto de Castro. Profesor do Departamento de Zooloxía do Campus de Lugo.
Rafael Romero. Responsable das sondaxes de lontra en Galicia. Biólogo.
Jesús Santamarina. Responsable do LIFE Margal – Ulla. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia.
14.15 Sesión de clausura.
14.30 Xantar popular.
16.30 Roteiro guiado por Rafael Romero para o recoñecemento de rastros e pegadas de mamíferos.