Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG espera que Barreiro “dea explicacións” sobre a investigacion do Supremio por un presunto delito de tráfico de influencias

O PSdeG provincial de Lugo espera que o presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, “dea explicacións claras” sobre a investigación do Tribunal Supremo por un presunto delito de tráfico de influencias do que foi acusado polo empresario Jorge Dorribo. “Respectamos totalmente a presunción de inocencia, como o facemos sempre nestes casos, como non podería ser doutro xeito porque é un dereito fundamental, pero só lle pedimos que responda e actúe en coherencia coa importancia que el lle deu a outros casos similares”, afirma o secretario de Organización do PSdeG en Lugo, Carlos González Santín.

Os socialistas sinalan que o propio Barreiro definiu a investigación aberta no Supremo ao socialista José Blanco, paralela a esta, como unha situación “de extrema gravidade” e “sen precedentes na historia democrática de España” en declaracións públicas. “Só esperamos que agora sexa coherente coa súa vehemencia e aclare este tema, para o que pedimos, coma sempre, que a Xustiza actúe coa maior celeridade e dilixencia posible, que é o que queremos todos”.

Exit mobile version