Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo manifesta todo o seu apoio ós veciños para lograr manter o servizo médico no seu Centro de Saúde

CERVO, 6 DE XUÑO. Os socialistas de Cervo manifestan públicamente o seu apoio a tódolos veciños afectados pola falta de substitución do médico no centro de saúde de Cervo, “estaremos presentes na concentración convocada para as 12.00 horas desta mañá e faremos todo o que nos sexa posible por tratar de solucionar esta situación”.

Dende o Partido Socialista aseguran que “nos sumamos á inquietude dos afectados. As políticas da actual Xunta de Galicia en materia de sanidade amosan que o seu único obxectivo é a merma destes servizos. Tendo en conta que o Real Decreto-Lei 20/2011 contempla que tan só o 10% dos médicos que se xubilen serán substituidos, agardamos que Cervo esté dentro desa pequena porcentaxe”.

Neste senso, alégranse ó coñecer por medio do alcalde as boas intencións de arranxar o problema pero “non pararemos ata ver materializadas as súas palabras. De falsas promesas estamos cansos, se nunca se chegan a cumplir, tememos que este sexa un dos primeiros pasos para o futuro peche deste centro sanitario”.

Insisten en que “apoiaremos as iniciativas veciñais para defender un servizo que costou moito conseguir. A colaboración de todos será imprescindible para intentar que a Consellería de Sanidade nos faga chegar de maneira urxente a mellor das decisións”.

Exit mobile version