Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz presentou unha moción instando á Xunta a colaborar na recuperación da sinalización dos barrios e parroquias

Dende o Grupo Municipal Socialista focense en vista do estado actual que presenta a sinalización dos barrios e parroquias do noso Concello, xa que moitos dos indicadores están rotos, deteriorados ou mesmo se atopan caídos, e o actual Equipo de Goberno municipal non é capaz de recuperalos e nin tan sequera de levantalos, presentamos unha moción para o seu debate e aprobación ante o Pleno da Corporación, coa finalidade de instar á Xunta de Galicia para que, a través da Consellería de Medio Rural ou do organismo, no seu caso, competente, colabore na recuperación e mantemento da sinalización dos barrios e parroquias do Concello de Foz, pois no Grupo Socialista consideramos fundamental que dende o goberno local se trate de manter e conservar os indicadores existentes, xa que non son quen de melloralos.

Exit mobile version