Ao longo do mes de xuño desenvolvéranse as últimas actividades deste semestre dos VII Foros Permanentes para as Mulleres. Este domingo, 9 de xuño: Domingos a pé: roteiro desde Loiba até o Barqueiro . Sairán ás 11.00h da estación de tren e chegarán a media tarde. E o vindeiro domingo, 16 de xuño , viaxe ao Spa de Vilalba: sesión de baño no club termal e despois pódese elixir entre unha clase de ximnasia ou técnicas de relaxación na auga. E tamén hai unha sesión de terapia en cabina . As actividades son gratuítas agás a viaxe ao Spa de Vilalba na que haberá que pagar unha cota de inscrición de 15€. Cómpre anotarse porque as prazas son limitadas. Máis información de estas e outras actividades no 982 120 739 ou no Centro de Información á Muller no 1º andar do Auditorio Municipal Hernán Naval.