Site icon Crónica3.com A Mariña

Os infantís do CD Foz acadan a permanencia, mentres os cadetes continúan na loita polo ascenso

Gran fin de semana das categorías base do C.D. Foz. Os infantís, xogábanse o sábado a permanencia na Liga Galega outra tempada máis. Os de Burunda apoiados por numeroso público saeu ó Martínez Otero disposto a gañar o partido ante o Santiago, que era o rival, sen esperar o que acontecera no outro partido que se xogaba en Lugo entre a Milagrosa, que era o outro implicado e o Calasanz coruñés. A primeira parte non obstante rematou sen goles.

Xa ó inicio da segunda, José Miguel, logrou o primeiro gol nunha xogada preciosa. A medida que pasaban os minutos o esforzo foi facendo mella nos focegos e os santiagueses fixéronse co encontro acadando o empate. Xa no derradeiro minuto Víctor que acababa de saír de refresco puxo o 2-1 no marcador co que acabou o encontro. Gran ledicia dos xogadores, adestrador e público asistente que despois dunha tempada con altibaixos, acadaron o obxetivo da permanencia.

Pola súa parte, os cadetes xogaron o domingo no Municipal de Malates o partido de volta da primeira eliminatoria da fase de ascenso á Liga Galega ante o Sálvora de Riveira. O resultado da ida fora de 1-2, co que o equipo de Oke saiu con tranquilidade ó céspede do Municipal tocando moi ben o balón e sendo conscientes da superioridade técnica ante o seu rival. Ó descanso fóronse con 0 – 0, a pesar de contar con algunhas ocasións de gol.

Á volta dos vestiarios a tónica seguía igual, e xa pasados uns minutos o Sálvora foise cara adiante deixando ocos na defensa. Nun destes contrataques Asier acadou o único gol do encontro, o que xa daba a total tranquilidade e o pase a siguente eliminatoria, a definitiva, para poder acadar o ascenso á Liga Galega. O Betanzos será o rival tendo que xogar primeiro en terras coruñesas e a volta en Foz.

Exit mobile version