O recén elexido presidente local destacou que a de Burela é unha das agrupacións das máis activas e abertas e así destacou que celebran como media tres asembleas ao ano, reúnese o comite unha vez ao mes,infórmase habitualmente do que se fai e que saen a rúa continuamente para escoitar as demandas dos burelenses.
“Temos que seguir nesta liña e trasladar ao partido o que palpamos e vivimos na sociedade para que a xente nos entenda máis e mellor”- manfiestou González Barcia que se amosou orgulloso de pertencer ao PP.
O recén elexido presidente nomeou ao comité local, no que figuran: presidente de honra: José Luis González Arnaú; vicepresidente: Alberto José Ramos; secretaria xeral: María del Mar Fraga; vicesecretarios xerais executivos: de asociacionismo e cultura, Josefa Yáñez; de dinamización de seniors, Carlos Saa; de sanidade, María del Carmen Trabada; de educación, Cristóbal Edrosa e de mar, Justo Eijo.
Como vogais natos figuran: Manuel Fernández Valle, Diana Durán, José Casas, Patricia López, Mónica Pedre e Beatriz Piñeiro.
Como vogais representantes de NNXX: Andrea Gil e Jovana Oroza e de vogais: Bruno Pedre, Manuela García, Manuel Pardeiro, Yago Pernas, Carlos Peinó, María Jesús Blanco, José Ferreira, Óscar Gómez, Jenaro González, José Luis Lois, Luis Pedre e Felicísimo Baño.
O presidente provincial, José Manuel Barreiro, destacou o traballo do partido popular de Burela a quen definiu coma un equipo comprometido, formado por xente moza e con experiencia e mostrou a súa ledicia polo nombramento de José Luis Arnau como presidente de honra.
“Hoxe estamos aquí en Burela, pretendendo por en valor o partido, presentándonos á sociedade para decirlles que somos o instrumento para articular o proceso democrático”- manifestou Barreiro quen destacou o serio proxecto político que representa o PP.
Asegurou Barreiro que é fundamental fortalecer un partido onde a unidade ten que ser clave para seguir unha mesma dirección e abrirnos a todo o mundo, porque “nos cando gobernamos, gobernamos para todos; escoitando a toda a xente”.
A celebración de dito conclave celebrouse logo de que o PP acadase o reto de recuperar a alcaldía e da conformación dun equipo unido e sólido, que foi quen de obter a confianza maioritaria dos veciños desta localidade.
Tras o de Burela, os populares continuarán na liña de convocatoria de conclaves locais en distintos puntos da provincia co obxectivo de desenvolver un amplo proceso de renovación e elección democrática nun importante número das súas formacións locais.