
Un grupo de sendeiritas da asociación Os Sendeiros de Foz, desprazáronse a Lugo para participar na 2ª marcha Lucus a Pé que contou cunha participación de máis de 500 persoas de todas as idades e de distintos lugares de Galicia, Asturias e León. Compartindo autobús con Paso Miúdo do Valadouro, Os Sendeiros desfrutaron dun bo día e dunha boa compañía durante algo máis de 17 km. O xantar tivo lugar no entorno do río Miño acompañado dun grupo de gaitas que non deixou de tocar.