Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Cervo alégranse de que o PP recoñeza a necesidade do emisario

CERVO, 1 DE XUÑO. Os socialistas de Cervo aseguran que “despois de ler nos medios de comunicación as declaracións do equipo de goberno desculpándose por non ter conseguido ningunha bandeira azul, déixannos preocupados xa que nos dan a entender que as augas do Concello están contaminadas e por este motivo este ano nos volvemos a quedar sen ningún destes galardóns nas nosas praias”.

Segundo din dende o Partido Popular, o problema é o resultado non óptimo da EDAR, “pode ser, señor Villares, que sexa necesario o emisario que tanto levan prometido para conseguir a mellor das depuracións. Alegrámonos de que alomenos recoñezan esta necesidade”.

Neste senso, dende o GMS subliñan que “o que non sabemos é cales son as xestións que se están a facer para cumprir esas promesas, cando poderemos desfrutar dese emisario polo que agardan tódolos veciños. Dende o ano 2009 o señor Feijóo e o noso goberno comprometíanse con esta actuación pero xa estamos ben entrados no 2013 e a situación é a mesma”.

Lémbranlles que “os socialistas cando tivemos responsabilidades municipais e tiñamos competencias para gozar das bandeiras azuis sempre traballamos por conseguilas, tan só fai falla botar a vista atrás e ver cando as tivemos e cando nos fomos quedando sen elas”.

Esperan que o equipo de Villares “se poña as pilas para conseguir arranxar ambos problemas, pero non vemos tan clara a relación de que cando teñamos emisario vamos a volver a lucir as bandeiras azuis nos nosos areais. Máis ben cremos que isto será un espellismo ou unha mera desculpa para saír agora mesmo do paso”.

Exit mobile version