A Asociación Cultural Pasiño a Pasiño inaugura o venres 21 de xuño ás seis da tarde a exposición “Pasiño a Pasiño” onde se exporán os traballos realizados polos nenos e familias nos distintos obradoiros, así coma un resumen gráfico do traballo da asociación durante o último ano que se poderá visitar na Casa da Cultura de San Cibrao. Así mesmo, as actividades do San Xoán continúan cunha xornada de teatro familiar da man dos Ghazafelhos con “Bon Appetit”, unha comedia protagonizada pola cociña tradicional galega, baseada no libro “A cociña galega” de Álvaro Cunqueiro. A representación desenvolverase o sábado 22 ás sete da tarde no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao. E o domingo 23, a partir das seis da tarde, a asociación sairá polo entorno do pobo a coller “fiunchos”, facer mollos e poñelos polas fiestras e portas; para, ao fío da medianoite, cantar e bailar nas fogueiras do municipio.